Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
2º cuadrimestre
Primeiro
Formación básica
6
Idioma
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Estévez Saa, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
Profesorado
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Currás Prada, María
Estévez Saa, José Manuel
Correo electrónico
maria.jesus.cabarcos@udc.es
paula.cprada@udc.es
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia ofrece unha visión panorámica e contextualizada da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. Estúdanse obras literarias de diversos xéneros e estilos en lingua inglesa e analízanse diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Lecturas
*Metodoloxías docentes que se modifican
As explicacións das Sesións maxistrais, os debates e traballos da Discusión dirixida e Seminarios, así coma a supervisión e elaboración dos Traballos tutelados ofrécense exclusivamente por Teams / Moodle /email.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Por Teams / Moodle.
4. Modificacións na avaliación
As actividades variadas orientadas a debater e profundar nos contidos e destrezas a adquirir nas horas de discusión dirixida (20%) faranse por medio de probas curtas, foros, enquisas, etc. en Teams / Moodle.
De non estar feito ningún dos dous traballos tutelados, combinaranse nun so máis longo (2 páxs., aproximadamente) que se elaborará de xeito non presencial (Teams/Moodle) e valerá un 40% da nota, segundo o previsto. Se un estiver xa feito, outorgaráselle o 20% previsto. O outro cancelarase e o seu 20% correspondente sumaráselle ás actividades de discusión dirixida, que se incrementarán en número e pasarán a valer o 40% da nota.
A proba mixta / exame final (40%) desenvolverase por medios virtuais e consistirá nalgunhas preguntas breves (como estaba previsto) así coma noutras máis longas e analíticas.
*Observacións de avaliación:
A avaliación de xullo non mudará nos contidos nin deseño: unicamente no medio, xa que se levará a cabo online.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías