Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a tutela do profesorado da materia para consolidar os coñecementos teórico-prácticos e para fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa. As indicacións para a realización e entrega do traballo tutelado daranse no inicio do curso e estarán penduradas en Moodle. |
Lecturas |
Realización da lectura de artigos puntuais sobre aspectos concretos do temario. |
Obradoiro |
Nas sesións de docencia interactiva (grupo intermedio) e nas titorías de grupo reducido, co apoio do profesorado da materia, realizaranse diversas actividades prácticas, en que se inclúen exercicios escritos, solucións de problemas, probas de discriminación, discusións dirixidas, probas de completar, corrección de textos, aplicación de normas, análise de fontes documentais, prácticas a través de TIC, traballo en grupo e aprendizaxe colaborativa. Alén destas actividades prácticas, destinadas á consolidación dos contidos presentados na "Sesión maxistral", no "Obradoiro" daranse as pautas para poder elaborar as prácticas de entrega englobadas nas metodoloxías denominadas "Solucións de problemas", "Traballo tutelado" e "Presentación oral". |
Presentación oral |
Nas últimas semanas do cuadrimestre, o alumnado terá que realizar unha proba oral a partir das instruccións facilitadas previamente polo profesorado da materia. |