O obxectivo deste curso é que calquera estudante, independentemente da súa formación académica, adquira un sólido coñecemento de tecnoloxías de xestión de bases de datos, tanto relacionais coma non relacionais. Así mesmo, buscarase a familiarización coas principais técnicas computacionais para a xestión práctica de datos masivos. Isto proporcionará a/ao estudante unha gran autonomía cando se trata de procesar e estudar datos, independentemente do seu formato e orixe.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Mantéñense tódalas metodoloxías docentes (sesión maxistral, prácticas de laboratorio, solución de problemas, seminario, traballos tutelados, e proba mixta).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Empregarase diariamente para consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas.
- Teams: Faranse 2 sesiones semanais para titorías ou clases virtuais.
- Páxina web do máster: Empregarase 2 veces a semán, aproximadamente, para proporcionar ao alumnado o material.
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías