Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática (plan 2012) |
Asignaturas |
Arquitecturas e plataformas móbiles |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Arquitecturas e plataformas móbiles | Código | 614502005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A11 B1 B5 B9 B10 B13 B14 B22 B23 | Valoración dos resultados e coñecementos obtidos nas prácticas desenvolvidas. | 60 |
Proba obxectiva | B1 B17 B22 B23 | Valoración das competencias asimiladas na materia. | 40 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista nas sesións maxistrais. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. Estas prácticas poderán substituírse por unha única aplicación móbil ou traballo proposto e desenvolto polo propio estudante. A proba obxetiva dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais adquiridos na materia. Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega das mesmas. SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS
Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba mixta (60% da nota) e entregar un traballo tutelado (40% da nota).
OUTROS COMENTARIOS
Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores. No caso de detección de plaxio durante algunha das entregas, cualificarse ao alumno/a cun suspenso (0) e comunicarase a situación á dirección do máster e ás autoridades universitarias correspondentes de cara a tomar as medidas oportunas. |
|