Nesta asignatura adquírense os coñecementos básicos das tecnoloxías móbiles e a súa aplicación mediante o deseño e o desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
- *Metodoloxías docentes que se manteñen
- Ningunha.
- *Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: debido á situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo completamente presencial, utilizaranse medios virtuais proporcionados pola universidade, os cales se poderán complementar con outros medios.
- Prácticas a través das TIC: substituiranse as prácticas que requiran de equipamento específico por outro simulado ou virtualizado. Eventualmente, proporanse prácticas alternativas que non requiran de devandito equipamento. Estas prácticas poderán ter un formato autónomo en previsión de problemas de conciliación e/ou conectividade.
- Proba mixta: substituirase por un traballo tutelado que tera un peso dun 40% na nota global.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- As sesións de titorización (atención ao alumnado) realizaranse por medios telemáticos (e.g., correo electrónico, Teams, Moodle), que se poderán complementar entre si e con outras ferramentas. En parte delas utilizarase unha modalidade de concertación previa.
4. Modificacións na avaliación
- A proba mixta será substituida por un traballo tutelado, pasando a distribución e peso das notas a ser:
Prácticas a través das TIC: 60%;
Traballo tutelado: 40%.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non haberá modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías