1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Prácticas de laboratorio
- Traballos tutelados
-Clases maxistrais gravadas mediante Teams de todas as clases correspondentes ao período no que as clases pasen a ser virtuais se as autoridades así o decretan por mor do COVID19.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- A Proba obxectiva realizarase de forma non presencial a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Utilización de Moodle para colgar os materiais da asignatura (apuntes, transparencias, manuais, etc.). Tamén para comunicar avisos de novos contidos introducidos en Moodle así como información referente á planificación da asignatura (instruccións detalladas para a realización e entrega das prácticas e traballos tutelados), cunha frecuencia aproximada semanal.
- Teams: Gravación mediante Teams de todas as clases correspondentes ao período no que as clases pasen a ser virtuais se as autoridades así o decretan por mor do COVID19, seguindo a mesma temporización que na docencia presencial. Os vídeos das clases están dispoñibles a través dun canal do Equipo de Teams creado para a asignatura. Uso do mesmo Teams da asignatura para interaccionar cos alumnos e responder ás súas dúbidas, de forma permanente a través do chat e por conferencia baixo demanda.
4. Modificacións na avaliación
- Sen modificacións
*Observacións de avaliación:
Non procede
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non procede
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías