Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Comunicación |
Grao en Comunicación Audiovisual |
Asignaturas |
Ambientación sonora e musical |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Ambientación sonora e musical | Código | 616G01028 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A7 A12 B2 B4 B6 C2 | Presentación oral do "Proxecto final". Nesta presentación cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións narrativas e estéticas, e responder ás preguntas dos/as compañeiros/as. Cada un dos proxectos finais será avaliado polos estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora. Para a avaliación da presentación oral débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar a rúbrica de avaliación cumprimentada e (3) ter entregado o "Proxecto final" (traballo tutelado B) en tempo e forma. |
10 |
Sesión maxistral | A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 | No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades e exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientados á consolidación dos contidos teóricos. Estas actividades teñen un valor global de 2,5 puntos (variando en función do número e a calidade dos exercicios entregados). Só se admitirán aqueles exercicios prácticos entregados en tempo e forma. Aquelas entregas que non cumpran eses requerimentos quedarán anuladas cunha valoración de 0 puntos. |
25 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 | O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle). Ten unha valoración máxima de 2 puntos. No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos. Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos. |
20 |
Obradoiro | A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 | As prácticas grupais teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas). Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos. Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter desenvolvido o 80% das prácticas da materia (grupo mediano). |
10 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 | De realización grupal. Conta cunha valoración máxima de 3,5 puntos (1 +2,5) distribuídos da seguinte maneira: · até 1 punto pola construción dun relato exclusivamente con sons (traballo A) · até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B ou "Proxecto final"). Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as. Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos. |
35 |
Observacións avaliación | |||
Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XUÑO (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado. Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá:
En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame(5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final.Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (xuño) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria. |
|