Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos |
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos |
Asignaturas |
Xestión avanzada do saneamento |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión avanzada do saneamento | Código | 632514038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Saídas de campo | B9 B11 B13 C7 | A participación nas visitas técnicas será tida en conta para a avaliación global. | 5 |
Sesión maxistral | A1 A2 A3 A5 A12 A25 A33 A34 A35 A46 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B12 B13 B14 C6 C8 | Esixirase que o alumno cumpra cunha asistencia mínima do 75 % das horas-clase maxistrais efectivas. Para aprobar a materia con metodoloxía Bolonia deberase cumprir este requisito (ler "observacións avaliación" apartado A). Os profesores poderán facer un seguimento e advertir ao alumno sobre a falta de cumprimento deste requisito, pero en todo caso, será responsabilidade individual de cada alumno o autocontrol sobre o seu grao de asistencia a clases. No caso de alumnos con matrícula de dedicación parcial, o alumno someterase a unha proba específica de exame que se describe no apartado B de "observacións avaliación". Con todo, se este tipo de alumnado cumpre coa porcentaxe mínima de asistencia e realiza o traballo(s) tutelado(s) a súa avaliación será idéntica á do alumnado con matrícula a tempo completo. |
20 |
Proba de resposta breve | A34 | A proba de control de coñecementos é de obrigada realización polos alumnos. Formará parte da avaliación global, e é un requisito fundamental para aprobar a materia que o alumno obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 nesta proba. Ler atentamente "observacións avaliación", onde se matiza os criterios de avaliación para alumnos de matrícula a tempo completo (apartado A) e para alumnos de matrícula a tempo parcial (apartado B). |
25 |
Traballos tutelados | A27 A34 B3 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B15 B16 C3 C5 C8 | Desenvolvemento dun traballo práctico de deseño en folla de cálculo. Realizarase un seguimento en horario de clases e en horario de tutoría. A realización do traballo é obrigatoria e debe obterse unha nota de 5 puntos sobre 10 para aprobar a materia. Á hora de realizar o traballo non só é importante esl resultado final; avaliarase ao alumno (ou alumnos que realicen o traballo) o cumprimento dos obxectivos parciais de avance que se vaian fixando nas tutorías. O alumno debuxará as plantas das diversas solucións de EDAR que haxa dimensionado. |
50 |
Observacións avaliación | |||
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A.- Alumnos con matrícula a tempo completo Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve como no traballo tutelado o alumno deberá obter unha nota mínima de cinco sobre dez. A porcentaxe mínima esixido de asistencia xeral é do 80%. A asistencia xeral controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Na asistencia xeral compútase: sesións maxistrais e presentación de traballos tutelados. Sobre unha base de dez puntos, a puntuación da asistencia xeral vai de 0 puntos (cando se ten o 80% de asistencia) a 2.0 puntos (co 100% de asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80) e (2.0; 100). O alumno faise responsable de facer un autoseguimiento do seu cumprimento en canto a asistencia a clases e tutorías. B.- Alumnos con matrícula a tempo parcial Por normativa, os estudantes con matrícula a tempo parcial están exentos da asistencia ás sesións maxistrais. Así, para estes alumnos a puntuación queda repartida como segue: ... Sesións maxistrais ................. 0% ... Saída de campo ........................ 5% ... Traballos tutelados ................... 55% ... Proba de resposta breve ...... 40% Para superar a materia, tanto na proba de resposta breve como no traballo tutelado o alumno deberá obter unha nota mínima de cinco sobre dez. El trabajo tutelado será objeto de seguimiento y evaluación presencial. Os alumnos a tempo parcial disporán do material docente (apuntamentos, presentacións, etc.) da mesma forma que os alumnos con dedicación a tempo completo, é dicir, a través da plataforma moodle. Para estes alumnos, déixase aberta a concertación de tutorías personalizadas nun horario que se adapte ás súas necesidades específicas e que se poderá concretar mediante correo electrónico. |
|