Short answer questions |
A1 B5 B8 C10 C12 |
Proba obxectiva dirixida a recordar conceptos básicos da materia de forma concisa. |
20 |
Objective test |
A1 B3 B6 B8 B7 C10 C11 C12 C16 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidadede determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, etc. |
50 |
- Exames teórico-prácticos: realizarase unha proba parcial ao finalizar o
primeiro cuadrimestre e outra ao finalizar o segundo. Ademais, haberá exames
finais en xuño e en xullo.
- Tanto na oportunidade de xuño como na de xullo, para superar a materia é
necesario obter polo menos un 3,5 en cada unha das partes correspondentes aos
dous cuadrimestres en que se divide o curso.
- No exame de xuño, os/ as estudantes que non superen a materia por parciais,
pero obtivesen unha nota superior ao 3,5 nalgún deses exames, poderán elixir
non examinarse desa parte (compensando a nota coa da outra parte) ou ben
examinarse de todo o contido da materia. Nese caso, tomarase a nota maior das
obtidas no parcial e o exame de xuño.
- No exame de xullo, os/ as estudantes que obtivesen unha nota maior ou igual
a 5 nun dos parciais poderán presentarse só ao outro parcial.
• Probas: ao termo de cada tema realizarase unha proba/test voluntario de
carácter teórico. • Problemas: en cada tema propoñeranse unha ou varias prácticas con
problemas para resolver na aula. Nalgunha destas prácticas utilizarase Octave
ou MATLAB para a resolución das mesmas. En cada oportunidade a nota final obtida será a máxima de: a)
(nota do exame (ou exames)) x
0'7+ (nota de curso) x 0'3. A nota de curso
calcúlase a partir da nota das probas (40%) e da nota de problemas (60%). Para
que se teña en conta esta nota é necesario asistir polo menos a un 80% das
clases de problemas. A peor nota tanto de probas como de prácticas non se terá
en conta para a nota final (en caso de faltar a unha proba ou non entregar un
problema, descartarase o cero que iso supoñería).
b) (nota do exame (ou exames)).
En calquera
caso, para aprobar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5.
|