A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as versións terase en conta o establecido na versión en castelán.
Nesta materia profundarase nos aspectos relacionados coa xestión do transporte urbano que se introduciron en "Mobilidade Metropolitana e Terminais de Transporte". Buscarase un enfoque práctico de estudo de casos e desenvolvemento de solucións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non experimentarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías que tivesen lugar antes de entrar en situación de confinamento ou corentena.
Mantéñense os traballos, prácticas e resto de metodoloxías docentes. No caso de traballos e prácticas a súa entrega farase a través de Moodle, mediante a opción "tarefa", da mesma forma que se adoita realizar cando a docencia é presencial. As probas de resposta múltiple realizaranse tamén mediante Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais e de solución de problemas pasan á modalidade non presencial, mediante as ferramentas de Teams e Moodle. Os traballos, prácticas e estudos de casos se supervisan de xeito non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: 3 horas/semana
Correo electrónico: De forma continuada.
Ofrécese ao alumnado a posibilidade de realizar titorías personalizadas en Teams, á demanda, solicitando a titoría por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Non se produce ningunha modificación no sistema de avaliación. Os pesos de cada unha das actividades de avaliación mantéñense. Todas as actividades de avaliación se realizarán a través da plataforma Moodle.
*Observacións de avaliación:
A avaliación non se modifica substancialmente respecto a proposta ao inicio do curso ao estudantado. Non están previstas probas de ensaio. As prácticas que estaban previstas no formato de obradoiro pasan a ser de resolución individual co apoio do profesorado por medios online.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se propoñen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías