A materia non esixe requisitos previos. Non obstante, considéranse recomendables algúns prerrequisitos e coñecementos previos: coñecementos de Historia Universal, estar familiarizado con conceptos básicos de Economía e de Empresa, así como coñecementos do programa Word ou outro procesador de textos a nivel de usuario para a realización dos traballos. Recoméndase familiarizarse co funcionamento da
biblioteca universitaria (uso do catálogo e os servizos que ofrece a biblioteca) de cara a realización do traballo do curso.
Así mesmo, recoméndase dispoñer dun ordenador
personal con cámara e conexión a internet estable en caso de que a situación
sanitaria empeore e se ordene un novo confinamiento. Tamén recordamos que a Facultade de Economía e Empresa dispón de aulas informáticas con ordenadores para o estudantado (véanse máis detalles na web da Facultade sobre o seu uso).
Recordamos que o alumnado terá a obriga de consultar con
regularidade a páxina de moodle da materia, pois será a vía que o/a docente
utilizará para subir información sobre todos os aspectos relacionados coa
materia. Ademais, o estudantado deberá subir unha foto
actualizada ao perfil do moodle para a súa correcta identificación.
A entrega dos traballos documentais que se realicen
nesta materia serán solicitados en formato virtual e/ou soporte informático. A
entrega realizarase a través de Moodle en formato dixital, sen necesidade de
imprimilos. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores
de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas; de igual xeito,
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade.
Facilitarase a
plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria.
|