Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.
Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información. Poderá ser denegada a entrada na aula do exame con este tipo de dispositivos.
Utilización de calculadora: As calculadoras que se poden utilizar non deben ter NINGUNHA das seguintes características: Posibilidade de transmitir dados, ser programábeis, pantalla gráfica, resolución de ecuacións, operacións con matrices, cálculo de determinantes, derivadas e/ou integrais, armazenaxe de dados alfanuméricos. Cando posúa algunha destas características será retirada. Se durante o percurso da proba se constatase o uso de unha calculadora non permitida, adoptaranse as mesmas medidas que cando o estudantado está copiando.
Convocatoria adiantada a decembro: Realizarase un exame (proba mixta) que valerá dez puntos.
Avaliación Continua (1ª oportunidade): A avaliación continua consistirá na realización de varias probas tipo test (Proba Obxectiva) e a realización de diversas probas prácticas (Proba Práctica) na aula. A avaliación continua pondera un 40% do total da cualificación final.
Exame Final (1ª e 2ª oportunidade): Realización dunha Proba mixta. Pondera un 60% do total da cualificación final.
Avaliación Continua (2ª oportunidade): queda sen valor a puntuación de avaliación continua (proba obxectiva e proba práctica) acadada na primeira oportunidade. A segunda oportunidade consta de unha reavaliación da prueba obxectiva, mediante unha proba de resposta múltiple valorada no 20% da cualificación final e unha reavaliación da prueba práctica mediante a resolución de exercicios análogos aos das probas de aula, valorada no 20% da cualificación final.
O alumnado con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia terá o mesmo sistema de avaliación que o resto do alumnado coas mesmas obrigas e dereitos.