O obxectivo desta materia é introducir ao estudantado nos fundamentos do calculo diferencial de varias variábeis e a programación matemática, que serán precisos para a aprendizaxe do resto das materias do grao e para o seu futuro profesional. O estudante deberá comprender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan e aplicar de xeito correcto e con rigor estes coñecementos para a resolución práctica de problemas. Fará-se unha especial énfase na aplicación dos contidos do curso a problemas de natureza económica e na interpretación dos resultados obtidos.
Ademais, preténdese axudar ao estudantado a desenvolver competencias xenéricas tais como a capacidade de análise e síntese, capacidade de razoamento lóxico, capacidade de resolución de problemas, espírito crítico, aprendizaxe autónomo, ou a habilidade para pescudar e utilizar información procedente de distintas fontes.
Plan de continxencia
1. Modificacións no contidos
Non se modifican os contidos.
2. Metodoloxías
Todas as metodoloxías realizaranse de forma virtual, utilizando a aplicación Microsoft Teams. As sesións de Aula estarán gravadas nos correspondeste grupos de Microsoft Teams. En Moodle, unha sesión de aula tambén estará disponíbel a todos os grupos da materia.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os mecanismos de atención personalizada ao alumno son sempre de forma virtual. Para iso utilizaranse as ferramentas disponíbeis: Microsoft Teams, E-mail, Moodle, ou Atención Telefónica.
4. Modificacións na avaliación
Todas as probas previstas serán realizadas de forma telemática (se non fose posible a súa realización de forma presencial). Na proba obxectiva poderase mudar o seu formato para adaptar a mesma a súa realización virtual.
*Observacións de avaliación: No escenario virtual a proba final podería ter unha parte avaliada mediante unha proba de resposta múltiple. Podera-pedirse ao estudantado que faga unha defensa da proba escrita realizada. A non defensa da proba ou unha defensa non satisfatoria suporá unha puntuación de cero na proba.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía.
A bibliografía básica está accesible como libro electrónico a través da biblioteca.
Todos os materiais da materia estarán disponíbeis en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías