Esta materia enmárcase no enfoque da Socioloxía Industrial e do Traballo como unha disciplina que se sitúa nun campo científico de intersección entre a Socioloxía e a Economía. Baséase no estudo sistemático das relacións sociais de intercambio que os individuos establecen entre si e das institucións económicas que desas relacións derívanse. Partindo desta definición, o curso centrarase no estudo da natureza das relacións sociais de índole económica así como nas institucións referidas á produción, distribución e consumo de bens e servizos escasos. Así mesmo preténdese transmitir os principais conceptos desde a perspectiva sociolóxica sobre os cambios nos procesos de produción, na configuración e funcionamento das organizacións e no mundo laboral, cos que analizar e comprender a realidade social do traballo, os cambios que experimentou ao longo da historia e a organización social que caracterizou cada etapa.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral (non computa na avaliación).
- Obradoiro (computa na avaliación).
- Presentación oral (computa na avaliación).
- Traballos tutelados (computa na avaliación).
- Atención personalizada (non computa na avaliación).
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguemento das actividades prácticas e dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado para formular consultas, acceder ós materiais necesarios para o desenrolo da materia, así como para a elaboración das actividades prácticas e traballos.
- Teams: Sesións semanais (tantas como demande o alumnado) para: a/ comprobar o avance nos contidos teóricos da materia; b/ o seguimento e apoio na realización das prácticas e traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación:
- Ningunha. Se manterá o sistema de avaliación baseado nun 100% na avaliación continua, de maneira que os estudantes serán calificados en base os criterios establecidos na Guía Docente. Asemesmo, se valorará das actividades e traballos presentados:
- A profundidade, reflexión e capacidade crítica.
- O dominio das fontes utilizadas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
- A ausencia de plaxio no contido.
*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Os estudantes disporán de todos os materiais necesarios para o desenrollo da materia en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías