Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral por parte do profesorado xa sexa presencialmente na aula ou utilizando os medios audiovisuais e os recursos informáticos dispoñibles. Pode ter diferentes formatos.
Nelas presentaranse os principais conceptos de cada tema e exporanse as principais cuestións e problemas a resolver, co fin de facilitar ao alumnado o seu labor de aprendizaxe.
|
ICT practicals |
Nestas sesións intereactivas introducirase ao alumnado no manexo dos paquetes estatísticos máis habituais.
Nelas o obxectivo principal será a utilización do software básico para resolver problemas de tipo estatístico. Reservaranse para temas de estatística aplicada, fundamentalmente para os traballos de grupo.
Estas sesións impartiranse de forma virtual e, a fin de facilitar o seguimento polo alumnado, nelas o software utilizado será de fácil dispoñibilidade e uso frecuente. Ademais, o profesorado elaborará titoriais especialmente dirixidos á aplicación, co devandito software, das técnicas estatísticas estudadas durante o curso e necesarias na realización do traballo de curso.
|
Supervised projects |
Organización da clase en pequenos grupos para a resolución de problemas de forma conxunta co obxecto de mellorar a aprendizaxe individual e colectivo. Os/as estudantes deberán realizar un traballo de grupo, no que deberán pór de manifesto os coñecementos e habilidades adquiridos tanto na sesión maxistral como no obradoiro e nas prácticas TIC.
O profesorado da materia supervisará, presencial e/ou virtualmente, a realización dos devanditos traballos.
Nestas sesións realizaráse tamén, de ser o caso, a presentación oral do traballo de curso.
|