Normativa de avaliación:
A calificación de non presentado corresponde ao alumno, cando sóparticipe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial edispensa académica de exención de asistencia: excepto para as datas aprobadas naXunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes actividades acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa súadedicación sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa horaria lectiva da clase desta materia. O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse encontacto co seu docente vía correo electrónico antes do 5 de outubro de2020.
- Todas as oportunidades de avaliación realizaranse cos mesmos criterios. Por tanto, para a segunda oportunidade e a convocatoria adiantada mantéñense as cualificacións da avaliación continua (talleres, presentación oral) acadadas no primeiro cuadrimestre que se engadirán á nota do exame da segunda oportunidade ou da adiantada, segundo corresponda.
Outras observacións:
Para superar a materia, o alumno debe obter polo menos 50puntos dos 100 totais.
Os alumnos/as deben consultar obrigatoria e frecuentemente aplataforma virtual da materia (moodle), onde o/a docente coloca ainformación máis relevante da mesma. Ademais, os estudantes deben subir unha foto actualizadaao seu perfil de moodle para a súa correcta identificación.
Non se esixe a asistencia obrigatoria a clase; porén, é recomendable.
Aqueles estudantes que non poidan acudir ás probas ou actividades do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica -caso de enfermidade ou accidente,por exemplo-), poderán realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo regulamento académico.
No caso da entrega de traballos documentais, nesta materia solicitaranse en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que o/a docente sinalará ó inicio do curso.
Cada obradoiro terá unha avaliación única para cada estudante que a realice. O conxunto deste tipo de actividades pondera o 40% na cualificación final.