Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A3 A5 A9 A11 A17 A19 A21 A22 A24 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 Unha ao final do curso. Realizarase en período de exames 30
Presentación oral C1 C2 Valorarase a adecuación do tema exposto á materia, o seu grao de dificultade, o dominio do tema e a habilidade na comunicación oral. 30
Obradoiro A20 B1 B4 B5 B9 B11 C3 C4 C6 Varios ao longo do curso, sobre as lecturas programadas. Valorarase en gran medida o esforzo persoal e a aprendizaxe continua. A súa avaliación comprende a lectura previa correspondente. 40
 
Observacións avaliación

Normativa de avaliación:

  • Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquerdispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe deinformación.

  • É necesario que cada alumno que desexe realizaras probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se vaia realizara proba (ten que acreditar a súa personalidade dacordo ca normativa vixente).

  • A calificación de non presentado corresponde ao alumno, cando sóparticipe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

  • Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial edispensa académica de exención de asistencia: excepto para as datas aprobadas naXunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes actividades acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa súadedicación sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa horaria lectiva da clase desta materia. O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse encontacto co seu docente vía correo electrónico antes do 5 de outubro de2020.

  • Todas as oportunidades de avaliación realizaranse cos mesmos criterios. Por tanto, para a segunda oportunidade e a convocatoria adiantada mantéñense as cualificacións da avaliación continua (talleres, presentación oral) acadadas no primeiro cuadrimestre que se engadirán á nota do exame da segunda oportunidade ou da adiantada, segundo corresponda.

Outras observacións:

Para superar a materia, o alumno debe obter polo menos 50puntos dos 100 totais.

Os alumnos/as deben consultar obrigatoria e frecuentemente aplataforma virtual da materia (moodle), onde o/a docente coloca ainformación máis relevante da mesma. Ademais, os estudantes deben subir unha foto actualizadaao seu perfil de moodle para a súa correcta identificación.

Non se esixe a asistencia obrigatoria a clase; porén, é recomendable.

Aqueles estudantes que non poidan acudir ás probas ou actividades do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica -caso de enfermidade ou accidente,por exemplo-), poderán realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo regulamento académico.

No caso da entrega de traballos documentais, nesta materia solicitaranse en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que o/a docente sinalará ó inicio do curso.

Cada obradoiro terá unha avaliación única para cada estudante que a realice. O conxunto deste tipo de actividades pondera o 40% na cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes