Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Subjects
  History of the Labour Market
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

O alumnado terá a obriga de consultar con regularidade a páxina de moodle da materia, pois será a vía que o/a docente utilizará para subir información sobre todos os aspectos relacionados coa materia. Ademais, o estudantado deberá subir unha foto actualizada ao perfil do moodle para a súa correcta identificación.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia serán solicitados en formato virtual e/ou soporte informático. A entrega realizarase a través de Moodle en formato dixital, sen necesidade de imprimilos.

Esta materia esta deseñada tamén para que os estudantes poidan mellorar a súa preparación de cara á elaboración e presentación do traballo de fin de grao.

Recoméndase dispoñer dun ordenador personal con cámara e conexión a internet estable para as clases. Tamén recordamos que a Facultade de Economía e Empresa dispón de aulas informáticas con ordenadores para o estudantado (véxanse máis detalles na web da Facultade sobre o seu uso).

Nesta materia, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas; de igual xeito, influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes