A materia de atención temperá é unha materia de 6 créditos cunha asignación horaria total de 150 horas dividida en horas presenciais e non presenciais ou de traballo autónomo do alumnado fora do horario de clase, esta asignación horaria detallase no epígrafe de planificación da materia.
A atención temperá concíbese como a abordaxe das problemáticas , trastornos ou disfuncións que se poden presentar en nenos/as entre os 0-6 anos, ainda que na actualidade implementase a atención temperá ou estimulación do desenvolvemento tamén en poboación xeral dentro do curriculum da educaión infantil. Por eso nesta materia vanse abordar aspectos sociosanitarios e escolares dentro do ámbito da atención temperá, presentándose os aspectos fundamentais da materia tales como concepto, modelos, avaliación, intervención, e implementación nas aulas.
MODALIDADE PRESENCIAL:
O alumnado asistirá ás clases da materia establecidas no horario ordinario, e presentará as actividades establecidas para a superación da materia en forma e tempo, ademáis de facer a proba obxetiva que proceda. Empregaranse todas as metodoloxías indicadas no epígrafe correspondente
MODALIDADE SEMIPRESENCIAL:
O alumnado non asistirá ás clases da materia, solo se lle pedirá a asistencia a tres sesións: inicial de presentación da materia para establecer os fundamentos de traballo na mesma, unha sesión para exposición oral dun traballo, e a sesión para a realización da proba obxetiva.
Este alumnado terá a súa disposición todo o material oportuno da materia na plataforma moodle ou a través de sesións teams, según proceda. Esto inlcue as sesións sobre contidos coa explicación pertinente, e outros documentos, videos, etc, necesarios para o curso opotuno da asignatura.
Neste caso os traballos presentaranse todos de xeito individual e non haberá aprendizaxe colaborativa na aula.
Poderá empregar moodle ou teams para consultas
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral: exposición dos contidos fundamentais a través de ppt ou teams
Recensión bilbiográfica O alumnado realizará a lectura obrigatoria de textos e documentos seleccionados como fonte de profundización dos contidos da asignatura, realizando una recensión crítica e un análisis exhaustivo dos mesmos
Estudo de casos: resolución sobre casos clinicos presentados, con avaliación, diagnóstico e intervención.
Proba obxectiva O alumnado deberá realizar un examen dos contIidos abordados ao longo do curso. Este examen será con preguntas tipo test, que poderán ser de resposta múltiple ou V/F, pero neste caso realizarase a través da ferramenta proba ou examen de moodle
A atención personalizada manterase a través de ferramentas como moodle ou teams
*Metodoloxías docentes que se modifican
A Presentación oral desaparece. e a aprendizaxe colaborativa desaparece tamén, e os contidos a traballar mediante estas metodoloxías presentaranse como tarefa a través de moodle, a modo de traballos individuais
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Implementaranse o foro de dubidas de moodle, o correo e as tutorías por teams de ser necesarias
4. Modificacións na avaliación
A avaliación mantén os criterios de porcentaxe para as distintas actividades e para a proba obxetiva, salvo no caso da aprendizaxe colaborativa que pasará a sumarse á puntuación das outras actividades xa que os traballos serán individuais
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías