Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa Fisioloxía Humana.
Descritor: Coñecementos sobre a función do corpo humano que capaciten para avaliar, sintetizar e aplicar tratamentos de Fisioterapia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías, pero en caso de ser necesario, trasladaranse da aula “física” á aula virtual (Teams e Moodle).
A sesión maxistral impartirase vía Teams de xeito síncrono no horario habitual.
As prácticas de laboratorio substituiranse por vídeos, videotitoriais, demostracións e lecturas que sexan de acceso libre a través de internet. O alumnado tamén deberá resolver exercicios que entregarán vía Moodle ou correo electrónico.
Os documentos e as conclusión ás que deben chegar nos seminarios os alumnos exporanse vía Teams no seu horario habitual para o resto de compañeiros/compañeiras e o profesorado.
Os traballos tutelados forman parte da aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesorado. Esta tutela farase vía Teams e vía correo electrónico.
A proba mixta, de non ser posible a súa realización de xeito presencial, realizarase a través de Moodle. O exame estará dispoñible en Moodle o día e hora correspondente. Ese mesmo día, antes e durante o exame, o alumnado convocarase vía Teams para demostrar a súa asistencia, recibir as instrucións pertinentes e para que poidan preguntar posibles dúbidas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
• Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Correo electrónico de maneira diaria para resolver dúbidas puntuais e solicitar titorías personalizadas vía Teams.
• Moodle: de maneira diaria para acceder a contidos e foros de discusión relacionados coa materia.
• Teams: de maneira semanal na franxa horaria designada á materia, e realización de titorías a pedimento do alumnado, tanto grupais, como individuais.
4. Modificacións na avaliación
• Non se realizarán cambios. A única excepción sería a imposibilidade total de levar a cabo o exame presencial, en tal caso, o exame realizaríase de modo virtual vía Moodle e Teams.
*Observacións de avaliación:
• A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Todos os libros/recursos son bibliografía recomendada, pero en caso de imposibilidade para acceder fisicamente ás bibliotecas, recoméndase ao alumnado que use os libros de fisioloxía presentes en:
https://www.udc.es/gl/biblioteca/recursos_informacion/libros_electronicos/libreria-pons_0001/
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías