Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.
Proba obxectiva: poderá realizarse de forma presencial ou virtual dependendo da evolución da pandemia.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio: as demostracións presenciais son substituídas por material visual demostrativo da execución dos procedementos de valoración funcional.
Proba práctica: substitúese por unha proba oral en tempo real, que incorpora contidos teóricos e prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumnado realizarase a través das seguintes ferramentas:
Microsoft Teams: Semanalmente para as aulas teóricas. Titorías a demanda, incluso fóra do horario oficial.
Moodle: Semanalmente, para notificacións ao alumnado e colgado de materiais necesarios para o desenrolo da docencia. Realización de probas o resolución de dúbidas a través dos foros.
Correo electrónico institucional: para envío de convocatorias, avisos ou resolución de dúbidas a demanda do/da estudante.
4. Modificacións na avaliación
Avaliación continua da sesión maxistral e das prácticas: 40%
- Asistencia a clases teóricas e prácticas presenciais: actitude, puntualidade, a participación razoada, o traballo en equipo, probas de comprensión, presentación oral, resolución de prácticas e axuda aos compañeiros durante as mesmas, así coma as destrezas e habilidades do/a alumno/a.
- Participación en clases non presenciais a través de Teams.
- Avaliaranse contidos de maneira secuencial, a través das probas en liña dispoñibles en Moodle.
- Entrega de traballos non presenciais titorizados
Proba obxectiva: 40%
Exame vía Moodle con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas obxectivas tal e como se especificaba na guía inicial da materia. A proba obxectiva final avaliará a totalidade dos contidos impartidos.
Proba oral 20%
Exame oral en tempo real, que incorpora contidos teóricos e prácticos, a través da ferramenta Microsoft Teams.
*Observacións de avaliación:
No caso daquelas persoas que non superaran (cun 5.0) ou non realizaran algunha das probas parciais, a porcentaxe da nota da proba obxectiva final sobre a nota final será maior ao 40%, sumándolle a esta porcentaxe a correspondente a aquela parte non realizada ou non superada.
Programaranse en data e hora a proba escrita e a proba oral.
Para a proba escrita farase a conexión vía Teams 10-15 minutos antes do comezo do exame. Comprobarase a asistencia do alumnado, a posibilidade de conexión, posibles incidencias e dúbidas. Garantizaremos que todos poidan realizar a proba.
Si o/a estudante experimentase algunha dificultade técnica para conectarse ao inicio ou durante a proba, terá que comunicalo de forma inmediata ao profesor a través de chamada telefónica a unha extensión habilitada ao efecto. De non facelo a súa cualificación será de non presentado ou suspenso segundo o caso. A continuación activarase o exame en Moodle con un tempo programado no que o estudantado subirá as respostas.
O exame oral levarase a cabo a través da plataforma Teams ou no seu defecto, a través da ferramenta que faga viable esta avaliación.
Para superar a materia requírese ter aprobada a proba escrita e a proba oral (puntuación igual ou superior a 5/10 puntos en cada proba). Non se sumará a puntuación correspondente á avaliación continuada se non se cumpre este requisito.
Se a cualificación obtida da ponderación da proba escrita e da proba oral resulta igual ou superior a 5/10 puntos, pero una das partes non alcanza o mínimo esixido (5/10 puntos), a cualificación final será de suspenso (cunha puntuación de 4,9/10 puntos).
Se o/a estudante consegue superar unha das partes (proba escrita ou proba oral) no exame de 1ª oportunidade (xuño), gardarase a cualificación obtida na mesma así como a avaliación continuada só ata a convocatoria de 2ª oportunidade (xullo).
Os alumnos de primeira matrícula que non tivesen asistido ás clases e/ou non realizaran ou completaran as actividades de formación continuada presencial ou non presencial esixidas na planificación, serán avaliados a través dunha única proba oral que inclúe contidos teóricos e prácticos (80% da cualificación).
A avaliación de segunda oportunidade realizarase seguindo os mesmos criterios.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificacións.
|