Recoméndase como algo básico o levar ao día os contidos teóricos e prácticos para aproveitar as clases ao máximo e poder superar a materia, dada a densidade de contidos, a abstracción dos seus fundamentos e a localización en primeiro curso. É importante ter coñecementos de inglés. Facilitarase o exame en galego ou castelán a petición do alumnado interesado. Dita petición realizarase como moi tarde dúas semanas antes do exame. Para axudar a conseguir unha
contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan
Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se
realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou
soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do
posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán
plásticos. - Realizaranse impresións a dobre
cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de
borradores. |