Esta materia pretende capacitar ao alumnado para fundamentar a elección da técnica de electroterapia, ultrasonoterapia, fototerapia, magnetoterapia, masoterapia, hidroterapia e balneoterapia, entre outras, en base aos coñecementos científicos existentes e á experiencia clínica e necesidades específicas (contextuales, clínicas e psicosociais). Para iso é básico o coñecemento do fundamento físico de cada axente, os efectos que produce (distintos parámetros regulables) e cómo se traducen en efectos fisiolóxicos e terapéuticos.
En canto á destreza no manexo dos equipos e as técnicas precísase do traballo non presencial a partir da demostración no laboratorio.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se fará unha modificación sustancial dos contidos, pero se centrará a atención nos aspectos máis relevantes para a adquisición das competencias da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral e aprendizaxe colaborativa
*Metodoloxías docentes que se modifican
Proba mixta- pasa a ser proba de resposta múltiple
Prácticas de laboratorio- a través dos videos ou fotografías se presentarán casos sobre os que despois se establecerán debates nos grupos prácticos correspondentes.
Proba práctica- se poderá realizar a través dun documento gráfico (imaxe, son e/ou movemento) ou traballo realizado sobre un caso práctico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A demanda do alumnado en formato escrito vía correo electrónico para a aclaración de dúbidas; ou vía moodle a través dos foros ou de consulta directa, fundamentalmente para aclaración de dúbidas ou resolución de tarefas escritas.
Para reunións virtuais, se usará TEAMS previa solicitude.
Os/as docentes establecerán reunións telemáticas co alumnado de forma grupal para o desenvolvemento das distintas actividades, fundamentalmente, das clases expositivas e obradoiros, ou ben aportar as clases explicadas.
4. Modificacións na avaliación
Se manterán os criterios de avaliación e as metodoloxías, facendo unha adaptación da proba mixta que pasará a ser de resposta múltiple e da práctica que se poderá realizar a través dun documento gráfico (e sonoro) ou traballo realizado sobre un caso práctico.
*Observacións da avaliación:
Hai que superar ambos cuatrimestres para poder facer media. Ademais, hai que superar con un 50% cada unha das probas teórica e práctica.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha, os contidos necesarios para a superación da materia se poderán extraer das diapositivas, exposicións ou documentos suministrados polo profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías