Guest lecture / keynote speech |
Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas a os/as estudantes.
Durante estas sesións tamén se poderá realizar unha docencia máis interactiva na que o alumnado resolverá tarefas e/ou realizará traballos propostos polo profesorado, ben de xeito individual ou en pequenos grupos, asistidos polo profesorado e co fin de acadar unha mellor comprensión da materia. |
Laboratory practice |
Estas sesións servirán para por en práctica os contidos teóricos impartidos mostrando ao alumnado a execución, os procedementos e as técnicas de prescrición do exercicio terapéutico en fisioterapia así como distintos sistemas de avaliación/rexistro. Así mesmo se afondará na execución práctica e o control das distintas modalidades de exercicio terapéutico.
Durante estas sesions tamén se poderán propoñer tarefas nas que o alumnado teña que deseñar e executar distintas técnicas de exercicio terapéutico. |
Practical test: |
Proba de carácter manipulativo e oral na que se valorará fundamentalmente a a execución das distintas técnicas de tratamento e valoración así como o deseño de exercicios/programas no eido do exercicio terapéutico. |