Tendo en conta a importancia do Movemento no ámbito da Fisioterapia como alicerce fundamental tanto na avaliación como na terapéutica, esta materia pretende servir de base para o desenvolvemento curricular do alumno/a en todos os aspectos relacionados coa terapia a través do exercicio físico. Deste xeito, abordaranse temáticas que van desde os métodos e sistemas de avaliación do movemento humano, as adaptacións xerais e específicas do organismo á actividade física, así como a prescrición do exercicio como ferramenta terapéutica en todos os seus ámbitos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión Maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: levarase a cabo de xeito virtual.
Prácticas de laboratorio: levaranse a cabo de xeito virtual.
Proba práctica: desaparece pola súa dificultade de realización por medios virtuais.
Traballos tutelados: as exposicións llevaranse a cabo de xeito virtual
Proba mixta: aumenta o se peso na avaliación e levarase a cabo de xeito virtual
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguemento dos traballos tutelados
- Moodle: Semanalmente o cunha frecuencia superior segundo a necesidade do alumando e profesorado
- Teams: Semanalmente en gran grupo para o avance dos contidos/ traballos /dúbidas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Tamén en sesións de frecuencia variable en función da demanda do alumnado
4. Modificacións na avaliación
Sesión Maxistral (10 %):
Os conteidos tratados nestas sesións serán obxecto de avaliación mediante a proba proba mixta
Valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada e a realización de traballos propostos, de forma continuada durante o curso. Esta avaliación suporá un 10% da nota final, no caso de superar os traballos tutelados.
Prácticas de laboratorio (10%):
Os contidos tratados nestas prácticas serán obxecto de avaliación mediante a proba mixta.
Valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, participación razoada e a realización de traballos propostos, de forma continuada durante todo o curso. A avaliación continuada das prácticas suporá un 10 % da nota final en caso de superar os traballos tutelados.
Traballos tutelados (20%):
Valorarase a realización e exposición dos traballos propostos.
Proba Mixta (60 %):
Exame de todos os contidos da materia. O tipo de exame poderá incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.
Se o profesorado e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderán realizarse unha o varias probas teóricas da materia durante o curso, de forma que no caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba mixta nas convocatorias oficiais.
Superar esta proba será requisito indispensable para aprobar a materia.
*Observacións de avaliación:
A calificación de Non Presentado otorgarase a todos aqueles alumnos que non se presenten a proba mixta en cada unha das convocatorias oficiais.
No caso de non superar a proba mixta, a calificación que aparecerá nas actas será a desta proba.
O profesor da materia poderá decidir libremente o número de Matrículas de Honra a outorgar entre as máximas estabrecidas anualmente. Estas poderanse conceder entre aqueles alumnos que teñan a calificación de sobresaínte, adxudicándose por orde de calificación segundo a media entre a nota da avaliación continuada da sesión maxistral e a das prácticas de laboratorio.
Os alumnos que xa cursasen a materia en anos anteriores, os alumnos con matrícula a tempo parcial, dispensa académica de exención de asistencia e os alumnos que se estén presentando á oportunidade de xullo, poderán ser avaliados mediante a proba mixta, os traballos tutelados, e outro traballo có mesmo valor da avaliación continuada das sesións maxistrais e das prácticas. Os prazos de entrega, a temática e normas deste traballo serán publicados no moodle da materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías