Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas Matemáticas
Coordinación
Paseiro Ares, Gustavo
Correo electrónico
gustavo.paseiro@udc.es
Profesorado
Oviedo de la Fuente, Manuel
Paseiro Ares, Gustavo
Correo electrónico
manuel.oviedo@udc.es
gustavo.paseiro@udc.es
Web
Descrición xeral
O propósito da materia é ofrecer os fundamentos conceptuais necesarios para entender dunha maneira adecuada certos fenómenos aos que se fai continua referencia no resto de materias de grao: o fenómeno da información, o do coñecemento, a procura de información, a análise estatística da información e as novas tecnoloxías. Trátase dunha materia na que se fai fincapé na reflexión crítica sobre estes fenómenos.
Os contidos son transversais, coa intención de que o estudante integre as ferramentas necesarias para recuperar e manexar a información dunha forma eficiente; e desta forma solucionar os problemas que se expoñan nas materias teórico-prácticas e clínicas da titulación.
Co estudo desta materia preténdese que os estudantes de fisioterapia coñezan os conceptos e procedementos básicos para a aprendizaxe de habilidades e estratexias de obtención de información, deseño para a recollida de datos e análise estatística dos mesmos, permitíndolles identificar os elementos básicos que interveñen nun contexto de fluxo informativo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
No caso de confinamiento, os contidos manteñense
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías se manteñen, polo tanto quedarían formadas por sesións maxistrais interactivas, prácticas a traves de TIC, traballos tutelados, probas prácticas e proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. Segumiento dos traballos tutelados e axenda de tutorías
Moodle: Diariamente. Elaboración dos traballos en cada unha das tareas, seguimento dos foros xeral e temáticos.
Teams: Tutorías grupais. Un día a semana para discutir o tema subido no moodle. Tutorías individuáis. Periodicidade indeterminada. En función das tutorías solicitadas.
4. Modificacións na avaliación
Non existen modificacións
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non existen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías