Con esta materia pretender dotar ao/ á fisioterapeuta dos coñecementos ético-legais que garantan a prestación da súa asistencia desde o respecto dos dereitos dos usuarios e sociedade en xeral. Así mesmo, posibilítase o coñecemento máis profundo da contorna sanitaria e dos deberes e dereitos como profesional sanitario. Por outra banda, preténdese dotar de ferramentas básicas de xestión para a consecución dunha atención fisioterápica de calidade en calquera ámbito asistencial, xa sexa pertencente ao sistema público ou ao exercicio libre. Por último, a materia proporciona o coñecemento básico da lexislación educativa xeral e específica para o desenvolvemento da función docente do fisioterapeuta.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non existen modificacións
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías, modificando a formato online as que estéan planificadas como presenciais. Deste xeito teremos as sesións maxistrais interactivas, prácticas de laboratorio, traballos tutelados e proba obxectivo.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. Segumiento dos traballos tutelados e axenda de tutorías
Moodle: Diariamente. Elaboración dos traballos en cada unha das tareas, seguimento dos foros xeral e temáticos.
Teams: Tutorías grupais. Un día a semana para discutir o tema subido no moodle. Tutorías individuáis. Periodicidade indeterminada. En función das tutorías solicitadas.
4. Modificacións na avaliación
Unha vez adaptada a asignatura, non existen modificacións neste senso
*Observacións de avaliación:
Non se modifica
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías