Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Subjects
  Metodoloxía para a Investigación Clínico-Epidemiolóxica e Traslacional
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C7 C8 C9 Proba obxectiva con preguntas tipo test, sobre os contidos desenvolvidos na materia 50
Problem solving A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C7 C8 C9 Elaboración, de forma individual, do borrador dun protocolo de investigación clínico-epidemiolóxica ou traslacional, de temática libre 50
 
Assessment comments

A avaliación da materia constará de dúas partes:

  • Unha parte de avaliación continua (50%, 5 puntos sobre 10) consistente na elaboración, de forma individual, do borrador dun protocolo de investigación clínico-epidemiolóxica ou  traslacional, de temática libre, coas especificacións indicadas polas profesoras da materia.  
  • Unha proba obxectiva (50%, 5 puntos sobre 10), en relación cos contidos desenvolvidos na materia.

Non presentado

Para obter a cualificación de  NP (Non Presentado), o/a alumno/a non poderá participar en ningunha das actividades/metodoloxías de avaliación propostas.

Segunda convocatoria e sucesivas

No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores.

Convocatoria adiantada

Os criterios son os establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario", artigo 19.

Matrícula de honra

Poderán optar a Matrícula de Honra os alumnos cuxa media supere o 9. As profesoras da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.

Fraude

No caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación aplicarase a normativa vixente nas Normas de avaliación, revisión e reclamación da UDC e no Estatuto do Estudantado da UDC

Todas as observacións previas son aplicables ao estudantado a tempo parcial e/ou con dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes