Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Estatística |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Estatística | Código | 653G01102 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas a través de TIC | A3 A13 A26 A27 A30 A33 B1 B2 B3 B22 B36 C6 | Proba individual na que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso de programas estatísticos-epidemiolóxicos. (Máximo 10% da nota final da materia) | 10 |
Proba de resposta múltiple | A3 A26 A27 A30 A32 A33 B2 B3 C6 | Proba na que se evaluará o dominio dos conceptos estatísticos básicos. | 50 |
Solución de problemas | A3 A27 B1 B2 B3 B22 C6 | Realizaranse boletíns de exercicios que deben resolverse de maneira individual mediante a aplicación dos coñecementos traballados nas clases maxistrais e nas prácticas a través de TIC, valorarase: - A entrega da totalidade dos traballos propostos - A adecuación das respostas - A presentación e a claridade na descrición dos resultados - A utilización das ferramentas informáticas e os recursos web adecuados para a resolución do problema As condicións concretas de realización destas probas publicaranse na aula virtual. (Máximo 15% da nota final da materia) |
15 |
Traballos tutelados | A3 A13 A25 A26 A27 A30 A32 A33 B1 B2 B3 B22 B36 C6 | Consiste en realizar en grupos de estudantes un traballo de investigación: deseño, recollida e análise de datos. Exposición e defensa do traballo. As condicións concretas de realización deste traballo grupal explícanse aos alumnos ao longo do desenvolvemento da materia. Valorarase o manuscrito e a defensa do traballo (Máximo 25% da nota final da materia). |
25 |
Observacións avaliación | |||
Nota importante A puntuación mínima para superar esta asignatura será de 5 puntos. Exames parciais Na parte correspondente á materia por cuadrimestre realizarase un exame parcial, que poderá combinar preguntas de resposta múltiple, resposta breve, resolución de exercicios e interpretación de resultados. É imprescindible alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 nos exames parciais para facer media cos outros compoñentes da avaliación. Superar os exames parciais (polo menos un 3 sobre 10) eliminará a materia obxecto de exame parcial no exame de convocatoria ordinaria. Os alumnos con menos dun 3 no exame (independentemente da nota alcanzada na avaliación continua) deberán realizar o exame da materia nas convocatorias oficiais. Para obter a nota final do exame da materia (máximo 50% da nota final da materia) calcularase a media aritmética das notas obtidas nos exames parciais. Exames en convocatorias oficiaisProba final dividida en dous partes segundo a materia correspondente a cada cuadrimestre, incluirá preguntas de resposta múltiple, resposta breve, resolución de exercicios e interpretación de resultados. É imprescindible alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 en cada unha das partes do exame para facer media cos outros compoñentes da avaliación (máximo 50% da nota final da materia) No caso de que non se supere algún dos cuadrimestres na primeira oportunidade (polo menos un 3 sobre 10 no exame), a nota que figurará será: a calificación obtida tras a ponderación de cada parte si é inferior a 5, en outro caso a nota será un 4. Para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte correspondente ao cuadrimestre superado. Avaliación continuadamediante a realización de: · Traballos tutelados de investigación nos que se esixirá o dominio dos conceptos teóricos e prácticos impartidos na matera, deberán entregarse en tempo e forma. (máximo 25%) · Resolución de casos e exercicios propostos polo profesor (solución de problemas e prácticas a través de TIC), nos que se esixirá o dominio dos conceptos teóricos e prácticos impartidos na matera, deberán entregarse en tempo e forma. (máximo 25%) Para superar a materia é necesario obter unha nota maior ou igual a 5 unha vez calculada a media aritmética entre a nota dos exames e a avaliación continua. Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán contorna á devandita metodoloxía son a participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados nos probas e exames teóricos e prácticos e competencias referidas para esta materia. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). Os alumnos coas mellores cualificacións globais poderán ser convidados a realizar unha análise de matrícula que coincidirá coa realización do exame final, pero terá outro contido. |
|