Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional
Código
653G01206
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Segundo
Obrigatoria
5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Saúde Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pousada Garcia, Thais
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
Profesorado
Garabal Barbeira, Jessica
Pousada Garcia, Thais
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
jessica.garabal@udc.es
thais.pousada.garcia@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta asignatura persigue a adquisición e o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa ergonomía, accesibilidade, deseño universal e adaptación funcional con perspectiva rehabilitadora e ocupacional.
Descritores:
Fundamentos da autonomía persoal nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou produtos de apoio. Terapia Ocupacional para a integración do individuo no seu entorno. Aplicación da actividade ocupacional e estudo ergonómico.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se contemplan modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
• Sesión maxistral: Durante todo o curso, as sesións das clases maxistrais realízanse a través do equipo da materia na plataforma TEAMS.
• Aprendizaxe colaborativa (con atención personalizada) (Computa na avaliación). Realizarase de xeito online, a través da plataforma TEAMS (mantendo a rotación dos grupos e o rexistro da asistencia e participación do alumnado)
• Atención personalizada: A petición do alumando, de xeito virtual (email e/ou TEAMS).
*Metodoloxías docentes que se modifican
• Proba Mixta:
Únicamente no caso excepcional dunha nova situación de confinamento, contémplase que a única metodoloxía que se modifica nesta materia, na forma de imprementala sería a “proba mixta”.
• A proba mixta cambiarase pola metodoloxía de “exame escrito online”, segundo as especificacións e dotacións tecnolóxicas dispoñibles no momento.
• Todo estudantado deberá acollerse a esta modalidade de “exame escrito online”, non puidendo contemplarse unha proba mixta híbrida, no caso de que a situación sanitaria dificulte realizar a proba presencial.
• Na data establecida para a proba mixta da materia (aprobada en Xunta de Facultade), os docentes indicarán nunha listaxe de estudantes que poden realizar a proba e se lles enviará (cunha antelación suficiente) as instrucións para realizar o exame escrito online, segundo o caso.
• De facer o exame escrito online, o tempo máximo da proba será de 2 horas, e será de tipo sincrónico, debendo conectarse todos estudantes de forma que garantan un correcto funcionamento da proba na sala virtual e estando presente uno ou os dos profesores presentes.
• A plataforma elixida será Microsoft TEAMS.
• A proba será gravada.
De houber problemas coa conexión dos estudantes, analizarase cada caso e se lle dará unha solución alternativa na hora ou na forma de conexión para realizar a proba.
Só se contempla este cambio no caso de recibir instrucións claras e concisas desde os órganos de goberno da UDC. De non ser así, a proba mixta será presencial nos espazos aprobados en Xunta de Facultade. No caso de que algún estudante se encontrase en situación de confinamento ou corentena persoal no momento de realizar a proba mixta da materia de xeito presencial, os docentes ofrecerán unha alternativa (cun cambio de data e/ou hora) para facilitar á súa realización a dito estudante.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
CAMPUS VIRTUAL: Diariamente.
Todas as comunicacións oficiais da materia e os cambios relevantes serán comunicados a través da plataforma de teleformación(avisos e/ou foro).
Todos os contidos da materia serán colgados na plataforma
Todos os traballos realizados polos estudantes serán entregados a través da tarefa específica no Moodle da materia.
TEAMS: Será a plataforma elixida para realizar as sesións maxistrais, dos TGR, así como a exposición dos traballos da “aprendizaxe colaborativa”. Utilizarase na data do exame para tal efecto.
Manteranse os horarios indicados ó principio de curso para a materia (todos os mércores).
No equipo da materia quedarán gravadas as sesións maxistrais para que os estudantes poidan visualizala posteriormente no caso de necesidade.
EMAIL: Estará á disposición dos estudantes matriculados, no momento en que eles o precisen, para que se poñan en contacto cos docentes e fagan as consultas que desexen.
4. Modificacións na avaliación:
Non se contemplan:
Aprendizaxe colaborativa 50% Avaliación continua (clases virtuais en TEAMS):
- Rúbrica de avaliación do alumno polos profesores da materia: Pousada García e Santos del Riego, salvo excepción motivada ou necesidade sobrevenida. A rúbrica presentarase ao comezo do curso.
A avaliación do alumno / docente avaliará:
- O traballo individual realizado e presentado individualmente por cada alumno, segundo o sorteo do tema e cronograma coa presenza de dous profesores (tribunal). (3,5 puntos)
- A participación proactiva do alumno na materia, tanto a súa participación como membro do tribunal dos traballos dos seus compañeiros, así como as habilidades para a vida.
Rúbrica 5 puntos (media de ambos os)
Exame escrito online 50% Proba teórica con preguntas curtas (5 puntos)
*Observacións de avaliación:
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (Exame escrito online e Aprendizaxe colaborativa).
3. Entregar e expoñer os traballos na data que se indique.
4. A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a da primeira convocatoria.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada no Campus Virtual e na guía docente da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías