Aprendizaxe colaborativa |
Técnica de traballo individual con exposición pública durante na clase de Grupo de Docencia Interactiva (GDI) e debate.
Dentro desta metodoloxía, e de xeito voluntario para aqueles/as estudantes interesados/as, proporase unha experiencia de "Collaboration online International Learning" (COIL), que será desenvolvido pola profª Thais Pousada en coordinación cunha profesora da Masaryk university (República Checa).
Esta actividad permitirá o contacto directo online e traballo colaborativo entre os estudantes do Grao en Terapia Ocupacional e dos estudantes de Ciencias do Deporte da Universidade Checa. O obxectivo é realizar una aplicación dos coñecementos de ergonomía e accesibilidad co compoñente cultural e tendo en conta as características antropométricas da poboación.
Os/as estudantes da materia que participen voluntariamente nesta experiencia serán certificados pola Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación da UDC. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Actividades iniciais |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensinanza-aprendizaxe co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para acadar os obxectivos que se queren acadar, vinculados a un programa formativo. Con ela se pretende obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos coñecementos previos do alumnado.
|