O sistema de cualificacións
expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5
del Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se
establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas
titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio
nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable
9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). A efectos desta materia, considerarase como Non presentado (NP) ao alumnado que non participe na totalidade de actividades de avaliación continua, tendo en conta as condicións que figuran a continuación.
Para aprobar a
materia, o/a alumno/a debe participar activamente nas metodoloxías propostas,
entregar todos os traballos e acadar unha nota global mínima de 5 e ter superadas
polo menos a metodoloxía de Prácticas Clínicas e Estudo de Casos. Para iso, será
necesario ter unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 6) na metodoloxía
prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2) na
metodoloxía estudo de casos, e só se terán en conta para a cualificación final
as notas das outras metodoloxías, se o/a alumno/a acada a dita puntuación nas mencionadas metodoloxías. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá
á da metodoloxía suspensa correspondente (nota obtida nas Prácticas clínicas ou
Estudo de Caso).
No caso de non
superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), pola
falta de entrega ou suspenso dos traballos correspondentes as metodoloxías
Portafolios, Estudo de casos e Recensión, o/a estudante deberá repetir a
entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas na segunda
oportunidade (xullo).
No caso de non
superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), por
motivo de suspenso da metodoloxía de Prácticas Clínicas, non se poderá superar
a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar
na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza,
non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de
Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de
Goberno do 29 de xuño de 2017).
Segundo a norma que regula o réxime
de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao na Universidade da Coruña
(aprobada no Consello de Goberno do 4/05/2017), cando un estudante teña
recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito preferente
a elixir quenda se existen horarios diferentes na oferta de prácticas desta
materia.