Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa Rehabilitación médica no adulto con discapacidade física.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
- Non se realizarán cambios.
- A docencia da materia durante o curso 2021-2022 realizarase de maneira híbrida (presencial+no presencial), según pandemia da covid e outros considerandos (aula axeitada ou asuntos institucionais e académicos do cada profesor).
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Estudo de casos
- Proba escrita
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico: Diariamente, coa excepción dos fins de semana e festivos. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais e para resolver dúbidas. Responderánse preferentemente en horario de mañá dos días laborais.
Campus Virtual: Segundo a necesidade do alumnado. Responderase preferentemente en horario matutino de días laborais. Dispoñe de foros.
Titorías según calendario oficial: Presencial o Teams a criterio do profesor, según contexto.
Baixo ningún concepto responderase consultas a través de redes sociais (facebook, messenguer, etc...).
O chat só será de uso para os representantes da clase dunha maneira moi restrinxida con responsable da materia.
4. Modificacións na avaliación
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE, PLAN A, Examen escrito presencial (10 puntos, mínimo para aprobar cinco puntos), según procedemento establecido na guía GADU na data, lugar e hora aprobada no calendario oficial de exames na pertinente xunta de facultade.
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE PLAN B, Só, en caso de novo estado de alarma, confinamento ou por determinación de normativa sobrevenida do Reitorado UDC. Realizarase examen escrito grabado Teams, coas novas tecnoloxías implantadas desde o Servizo Informático (49 cámaras/pantalla) e outras melloras. No se permitirá unha metodoloxía híbrida na realización do mencionado examen escrito. Calquera modificación normativa dende a Reitoría, orixinada polo contexto de pandemia, será consensuada entre o profesorado da materia.
REVISIÓN: Presencial ou Oral Teams en data e hora a determinar.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Campus Virtual ubicados por cada un dos integrantes do profesorado da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías