1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: - Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. - De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.
2.- O docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación. 3.- O docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera
tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no
desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria. |