A materia de Sistemas e instalacións baseadas en enerxías renovables e microcogeneración, ten como obxectivo achegar unha visión xeral ao alumno do máster sobre as tecnoloxías, metodoloxías de dimensionado, compoñentes, esquemas e funcionamento das distintas instalacións baseadas en enerxías renovables utilizadas na edificación e a súa contorna.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios.
2. Metodoloxías
Os alumnos que figuren na modalidade presencial pásanse á non presencial, por tanto, aplícanse as da modalidade non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Mediante as plataformas oficiais da UDC. (As aplicadas na modalidade non presencial):
-Correo electrónico: para contestar consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer seguimento de traballos tutelados, etc.
-Moodle: achega de contidos das materias, dirixir foros, xestionar titorías, realizar probas, impartir leccións, etc.
- Teams: realización de clases mantendo preferentemente os horarios iniciais presenciais, titorías en grupo, individuais, conferencias, etc.
- Calquera outra plataforma ou aplicación habilitada pola UDC.
4. Modificacións na avaliación
Os alumnos que figuren na modalidade presencial pásanse á non presencial, por tanto, aplícanse os criterios da modalidade non presencial.
5. Modificacións dá bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías