Ao iniciar o cuarto cuadrimestre, o alumno xa coñece as regras da linguaxe arquitectónica, superou, así mesmo, outras materias paralelas, pero fundamentais para un progreso na comprensión do feito arquitectónico e a súa expresión gráfica. Profúndase nesa realidade chamada Arquitectura facilitando ao alumno, as regras e coñecementos que lle permitan abarcar e solucionar cada problema arquitectónico concreto, a partir dos seus fundamentos. para iso é preciso un desmenuzamiento do feito construtivo, o chegar aos seus últimos detalles, á súa expresión, ao coñecemento das distintas solucións construtivas, ao Debuxo de Detalles Construtivos, ao Debuxo en fin.
Entender o debuxo como unha linguaxe, facéndolle ver ao alumno a universalidade e precisión que a Representación Gráfica representa como elemento de comunicación, así como os fundamentos da representación gráfica e a súa necesidade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Manteñense todos os contidos.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Traballos tutelados.
Análise de fontes documentales.
Portafolios do alumno.
Sesión maxistral.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Análise de fontes documentais: Limítanse as que se poden desenvolver madiante acceso a internet. Compleméntanse as outras por explicacións on line.
Actividades iniciais: Suprímense.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Ferramentas: Moodle e Teans.
Temporalización: Subida de contidos semanalmente.
Clases expositivas e interactivas: según horario oficial. Titurías: Según quenda mediante Teams acordada co alumno que a solicita.
4. Modificacións na avaliación: Peso na avaliación:
Saidas de campo:0
Traballos tutelados: 90
Portafolios do alumno: 10
Descrición: non se modifica.
*Observacións de avaliación:
Non se modifican excepto que se eliminan as entregas de prácticas impresas mantendo a entrega de arquivos informáticos tal e como xa estaba prevista. A impresión será realizada, si e o caso, polo profesor.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Mantense a bibliografía, sustituindo as carencias que manifeste o alumno por explicacións tanto en clases como en titorías on line.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías