A materia de Metroloxía e Control de Calidade trata sobre as técnicas necesarias para a planificación e realización do control de calidade en procesos de fabricación. En primeiro lugar introdúcense os conceptos fundamentais sobre medición, para poder caracterizar as variables que máis adiante serán utilizadas no control de calidade. Posteriormente, incídese na estreita relación entre a variabilidade dos parámetros de fabricación e a calidade final do produto, para despois estudar a devandita variabilidade dende un punto de vista estatístico. Finalmente, descríbense as técnicas de control de calidade baseadas en estatística, o que se coñece como Control Estatístico de Procesos. As devanditas técnicas van encamiñadas a encontrar un equilibrio entre os custos que supón o control de calidade e os custos potenciais de realizar un control insuficiente.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Mantéñense todas as metodoloxías docentes pero adaptándoas ás plataformas de teleformación da UDC
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Titorías a través de TEAMS
4. Modificacións na avaliación
-Non se modifica
*Observacións de avaliación:
-Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
-Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías