O "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicarán ó inicio do curso a súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC" (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).
Para os alumnos que soliciten a dispensa académica a avaliación será igual ao resto xa que os traballos tutelados serán completados fora do horario de clases.
Para os alumnos tanto de primeira como de segunda oportunidade, a
avaliación realizarase dando o peso relativo indicado na táboa de metodoloxías,
o mesmo que para os alumnos de convocatoria adiantada. A nota da parte de
traballos tutelados poderá manterse do curso anterior (non se conservará de
cursos máis antigos) en caso de que o alumno presentara o traballo e obtivera
unha cualificación de aprobado no mesmo excepto que desexe repetir o
traballo.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na
correspondente convocatoria, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación.