Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Subjects
  Industrial Plants and Energy Systems Construction
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before
Industrial Heat Transfer/730G04020
Analysis and Design of Structures and Industrial Buildings/730G04069
Power Stations/730G04052
FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G04012
RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G04013

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Graduation Project/730G04068

Other comments
Desenvolvemento das clases

En clases presenciais, os alumnos respectarán a oportuna puntualidade, e non poderán entrar en clase tras o comezo da mesma, salvo que se trate de sesións nas cales os alumnos están a traballar de forma  tutorizada.

Coa tecnoloxía actual, o alumno está a perder a capacidade de tomar apuntamentos (cousa necesaria na empresa) e, noutra orde de cousas, tende á distracción cando emprega medios informáticos para seguir unha explicación. Por iso, e a pesar de que esta materia conta con apuntamentos en Moodle, os alumnos non poderán empregar computadores, tabletas nin móbiles en clase, mentres o profesor estea a realizar unha explicación. Nestes momentos o alumno debe concentrarse na explicación e tomar notas manuscritas, ben como elemento de apoio ao realizar os seus proxectos, ben como complemento aos seus apuntamentos virtuais, que lle servirán de axuda nos devanditos proxectos.

Sustentabilidade

Para axudar a conseguir unha contorna sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Por iso, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia farase exclusivamente en formato electrónico. O alumno non debe empregar, por ningunha causa, material físico de tipo algún (papel, tinta, encadernación, etc.).

Ademais, baixo demanda, facilitarase a plena integración do alumnado que, tendo unha preparación previa adecuada para poder superar a materia, experimente dificultades (físicas, sensoriais, psíquicas, socioculturais) para un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes