Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral (adaptándoa a modalidade on-line)
- Solución de problemas (adaptándoa á modalidade on-line)
- Proba mixta (on-line)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Prácticas de laboratorio (as prácticas no laboratorio serán substituídas por unhas prácticas de laboratorio en versión on-line, consistentes na visualización de vídeos da realización das prácticas e posterior resolución de cuestionarios relacionados cos mesmos)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. De uso para facer consultas, resolver dúbidas e solicitar titorías virtuais.
- Moodle: Semanalmente. Dáselles aos/as alumnos/as unha guía da materia a estudar na devandita semana. Cada semana, coincidindo cos días das anteriores clases presenciais, proporcionarase ao alumnado as diapositivas detalladas da materia e un boletín de problemas. A solución dos problemas darase á semana seguinte. Empregarase tamén, a demanda do alumnado, como canal de comunicación para calquera dúbida relacionada coa asignatura.
- Teams: Está previsto, en función do desenvolvemento do curso, a utilización de Teams nalgunha franxa horaria para algunhas sesións de discusión de contidos e resolución de dúbidas.
4. Modificacións na avaliación
- Solución de problemas (30%): están previstas tres probas de solución de problemas. Aquelas que non se realizaron presencialmente, realizaranse virtualmente a través de Moodle.
- Prácticas de laboratorio (10%): as practicas que non se realizaron no laboratorio serán substituídas por prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos das practicas de laboratorio).
-Proba mixta (60%): a proba mixta será realizada on-line a través do Moodle
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas observacións que figuran na guía docente, tendo en conta o seguinte:
- Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia, a avaliación consistira na realización dunha proba mixta con cualificación de 60%, mais valoracion de traballos propostos de solución de problemas con cualificación do 30%, e máis a realización de prácticas de laboratorio en versión on-line (cuestionarios baseados en vídeos da practicas de laboratorio) coa cualificación do 10%. A proba e a entrega de traballos realizarase a través de Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Comunicarase aos/as alumnos/as o emprego de bibliografia dispoñible na plataforma e-libro, a que eles teñen acceso. Ademais, os materiais de traballo que se necesitan para preparar a materia estarán dispoñibles no Moodle. |