O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado exclusivamente coa proba mixta, representando esta un 100% da súa calificación.
Os criterios de avaliación da segunda oportundiades son os mesmos que os da primeira oportunidade. Neste contexto, gardaranse as partes aprobadas para a segunda oportunidade.
Os criterios de avaliación da convocatoria extraordinaria son os mesmos que os da primeira oportunidade.
Para facer media cómpre que o alumnado teña unha nota igual ou superior a 4 puntos na proba mixta e entregar e expoñer o traballo tutelado na data indicada.
Nota: Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.