A resistencia de materiais é a materia base do cálculo e análise de estruturas e sólidos mecánicos. Proporciona ao alumno, os conceptos básicos para comprender as consecuencias dos esforzos nos sólidos, desde o punto de vista da mecánica dos medios continuos e o campo elástico, sometidos a esforzos estáticos e dinámicos no que respecta ás tensións que se producen e deformacións.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
• Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
• Solución de problemas
• Proba mixta
*Metodoloxías docentes que se modifican
• A proba mixta presencial pasará a modalidade de non presencial
• As sesións maxistrais faranse de forma asíncrona
• As actividades iniciais faranse de forma asíncrona
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Tutorías on line a través de Teams a demanda do alumnado
• Consultas/dúbidas a través do correo electrónico. Diario.
4. Modificacións na avaliación
• Non se modifica
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: poderá seguir as clases a través do material que se cargue na ferramenta Moodle.
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): poderá seguir as clases a través do material que se cargue na ferramenta Moodle.
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Obter unha puntuación mínima de 4.0 nas probas mixtas que se realizan para facer media entre elas. As probas mixtas computan o 40% e o 60% da materia, respectivamente.
2. A oportunidade de xullo constará dunha proba mixta que terá un peso dun 100%.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
• Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías