O obxectivo xeral é o desenvolvemento das destrezas e actitudes necesarias para a aplicación dos principios fundamentais da mecánica á resolución de problemas de interese na enxeñaría. Abórdase a estática, cinemática e dinámica do punto material, dos sistemas e do sólido ríxido dende a formulación newtoniana e dende a formulación lagrangiana. Esta materia contribuirá á mellora da capacidade de análise e de construción de modelos matemáticos que describen os efectos das forzas e os movementos sobre unha gran variedade de estruturas e máquinas incorporando as hipóteses físicas e as aproximacións matemáticas axeitadas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC)
- Solución de problemas (usando as ferramentas de teleformación dispoñibles na UDC)
- Traballos tutelados (usando as ferramentas de teleformación e videoconferencia dispoñibles na UDC)
- Proba mixta (usando as ferramentas de teleformación e videoconferencia dispoñibles na UDC)
*Metodoloxías docentes que se modifican
– Non hai
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Titorías por TEAMS semanalmente
- Correo electrónico: semanalmente
4. Modificacións na avaliación
- Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
- Non hai
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías