Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Subjects
  Fluid mechanics
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral na aula dos fundamentos teóricos da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgúns exemplos e preguntas dirixidas aos e as estudantes.
Problem solving Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron.
Na modalidade presencial en aula, a profesora pedirá as alumnas ou alumnos presentes que resolvan exercicios de entre os propostos na colección facilitada na aula virtual, ou de dificultade semellante.
Laboratory practice Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de mecánica de fluídos. As alumnas e alumnos obterán datos experimentais dos valores de distintas magnitudes fluidodinámicas nos distintos bancos e equipos do laboratorio.

Posteriormente, deberán elaborar de forma individual unha memoria que incluirá un tratamento dos datos que lles permita ter un coñecemento e reflexionar sobre o fenómenos estudados. O tratamento completo dos datos se recollerá nunha unha folla de cálculo que acompañará á memoria de prácticas.

A asistencia as prácticas de laboratorio e a elaboración das correspondentes follas de cálculo e memorias é obrigatoria.

Aquelas alumnas e alumnos con dispensa académica ou a tempo parcial deberán realizar as prácticas de laboratorio, as memorias e as correspondentes follas de cálculo.
Mixed objective/subjective test Realizaranse dúas probas de avaliación, unha a mediados e outra ao final de curso.
Consistirán nunha proba escrita ou oral, na que haberá que responder a diferentes tipos de preguntas tanto teóricas como resolver problemas curtos e longos, e outros tipos de preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes