Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica |
Asignaturas |
Mecánica de fluídos |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Mecánica de fluídos | Código | 730G05019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral na aula dos fundamentos teóricos da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgúns exemplos e preguntas dirixidas aos e as estudantes. |
Solución de problemas | Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron. Na modalidade presencial en aula, a profesora pedirá as alumnas ou alumnos presentes que resolvan exercicios de entre os propostos na colección facilitada na aula virtual, ou de dificultade semellante. |
Prácticas de laboratorio | Desenvolvemento de prácticas no laboratorio de mecánica de fluídos. As alumnas e alumnos obterán datos experimentais dos valores de distintas magnitudes fluidodinámicas nos distintos bancos e equipos do laboratorio. Posteriormente, deberán elaborar de forma individual unha memoria que incluirá un tratamento dos datos que lles permita ter un coñecemento e reflexionar sobre o fenómenos estudados. O tratamento completo dos datos se recollerá nunha unha folla de cálculo que acompañará á memoria de prácticas. A asistencia as prácticas de laboratorio e a elaboración das correspondentes follas de cálculo e memorias é obrigatoria. Aquelas alumnas e alumnos con dispensa académica ou a tempo parcial deberán realizar as prácticas de laboratorio, as memorias e as correspondentes follas de cálculo. |
Proba mixta | Realizaranse dúas probas de avaliación, unha a mediados e outra ao final de curso. Consistirán nunha proba escrita ou oral, na que haberá que responder a diferentes tipos de preguntas tanto teóricas como resolver problemas curtos e longos, e outros tipos de preguntas. |
|