O obxectivo de esta materia é acadar que os alumnos entendan e coñezan todo o relativo á estabilidade do buque e máis o modo de facer os cálculos de arquitectura naval necesarios para estudar a mesma, tanto en estado intacto como despois de avarías.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non se modificarán.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías de proba mixta, sesión maxistral, solución de problemas e traballos tutelados. Estas metodoloxías realizaránse virtualmente a través da plataforma Teams e Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Elimínanse as prácticas de laboratorio, que non se realizarán.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
MS Teams: proporcionarase atención os alumnos a través desta ferramenta. As titorías acordaranse previamente cos docentes a través de MS Teams, Moodle ou correo electrónico.
Correo Electrónico/Moodle: Poderán resolverse dúbidas en calquera momento a través do correo electrónico dos docentes.
4. Modificacións na avaliación
A calificación das prácticas de laboratorio, que se eliminan, incluiranse nos traballos tutelados. A calificación de cada unha das metodoloxías será a que segue:
Proba mixta – 70
Solución de problemas – 10
Traballos tutelados - 20
*Observacións de avaliación:
Non hai observacións adicionais.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía necesaria para abordar as metodoloxías desta materia estará disponible na páxina Moodle da mesma.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías