Na 1º oportunidade:
A avaliación realizarase en función das Metodoloxías expostas. A cualificación das metodoloxías realizásese con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar: non ter ningunha nota inferior a 3,5 en calquera das metodoloxías e das distintas probas de cada metodoloxía. Alén de ter unha asistencia ás actividades prácticas de polo menos o 80%.
Na 2 oportunidade ou nos Alumnos con Dispensa académica ou nas Convocatorias extraordinarias:
Realizarase con dúas probas selectivas: unha proba mixta que engloba tres módulos, teoría, simboloxía e problemas, e unha proba de solución de problemas prácticos no Laboratorio. Esta última, fundamentarase na parte práctica da materia ou nos coñecementos traballados nas prácticas de laboratorio. A cualificación de cada unha dos módulos realizarase con notas sobre 10 e será condición necesaria para superar a avaliación non ter unha nota en calquera dos módulos inferior a 3,5. A nota final será:
(0,27 * Módulo Teoría + 0,16 * Simboloxía+ 0,27 * Módulo Problema+0,30 Módulo Práctico)/(Número notas inferiores que 3,5 + 1)
Notas:
- Os sistemas de avaliación fundaméntase no establecido na Memoria de verificación
- Na
realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal,
incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa
procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada
causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento.