Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
 Asignaturas
  Bioloxía Celular Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A6 A13 B5 B9 C1 valorarase o grao de comprensión do tema da revisión bibliográfica e a súa presentación escrita que se publicará na páxina da materia. Asemade, valorarase nun foro específico a participación respondendo a preguntas plantexadas polo docente e outros compañeiros así como as aportacións relevantes aos temas tratados. 30
Proba mixta A6 Consistirá na resolución de preguntas variadas (de resposta curta e de resposta múltiple, de ordenación, de completar ou de asociación) e/ou de algún suposto sobre os contidos dos temas tratados nas sesions maxistrais ou discutidos no foro.
O exame farase de forma telemática a través da plataforma da Facultade virtual e con conexión simultánea via MS Teams.
70
 
Observacións avaliación

Excepcionalmente,
no caso de aqueles estudantes, por razóns xustificadas (dedicación a tempo parcial e dispensa académica, circunstancias específicas
de aprendizaxe e apoio á diversidade) ou circunstancias sobrevidas, non puidera
realizar as probas ou actividades de avaliación continua, adoptaránse as medidas e actividades axeitadas que estime o docente para non lesionar a cualificación por eses motivos.

No caso da segunda oportunidade do ano en curso (xullo) realizarase unha proba
mixta coa consideración de 100% para a nota final,

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará
directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na
oportunidade correspondente

As Matrículas de Honra concederanse preferentemente entre os estudantes presentados na primeira oportunidade de cada convocatoria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes