Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética (semipresencial)
 Asignaturas
  Mecanismos Moleculares da Interacción Planta-patóxeno
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nesta modalidade as clases maxistrais substituense por vídeos, textos e outros materiais para que os alumnos aprendan contidos fundamentais da materia. Haberá foros para que se produza o diálogo reflexivo dos alumnos cos profesores sobre os temas abordados.
Análise de fontes documentais Lectura e análise dun artigo de investigación primaria relacionado coa asignatura, así como a sua exposición a través de Teams e debate sobre o mesmo.
Prácticas de laboratorio Os estudantes semipresenciais farán actividades de prácticas virtuais de laboratorio e campo deseñadas ad hoc polos profesores.
Opcionalmente, cada estudante semipresencial pode solicitar, a título individual, a posibilidade de asistir presencialmente ás prácticas nas datas establecidas para os alumnos presenciais.
Proba obxectiva Exame sobre os contenidos das sesións maxistrais realizado en liña (Campus Virtual).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes