Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias |
Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Botánica sistemática: Fanerogamia |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Botánica sistemática: Fanerogamia | Código | 610G02025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Os conceptos básicos serán desenvolvidos polo/a profesor/a en sesións maxistrais de 50 minutos. As clases teñen sido programadas para que os/as estudantes adquiran os coñecementos de xeito gradual. A aprendizaxe estará asistida por presentacións e/ou vídeos que estarán dispoñibles nas distintas plataformas ofertadas pola Universidade da Coruña ó estudantado. |
Seminario | O obxectivo dos seminarios será reforzar o aprendido nas sesións maxistrais. Todos os conceptos básicos impartidos repasaranse nos seminarios mediante diferentes exercicios, especialmente cuestionarios e diagramas mudos representando os ciclos reprodutivos dos distintos grupos. A asistencia ós seminarios é obrigatoria. |
Prácticas de laboratorio | Os/as estudantes analizarán e manipularán diferentes representantes dalgunhas das familias explicadas nas sesións maxistrais. Nas sesións de laboratorio empregaranse floras e claves de identificación para determinar os espécimes seleccionados. Farase especial fincapé nos carácteres adaptativos da súa bioloxía floral ou en adaptacións concretas ó medio ambiente no que se desenvolven. |
Saídas de campo | Realizarase unha excursión dun día de duración (6 horas de traballo aproximado) guiada polos/as profesores/as. Na excursión observaranse representantes dalgunhas das familias estudadas nas sesións maxistrais, así como o ambiente no que estas medran. Visitaranse algunhas das zonas da Galiza con maior grao de endemicidade e analizaranse as causas que teñen producido esta endemicidade. A asistencia á excursión é voluntaria. |
Traballos tutelados | Metodoloxía na que se combinan as actividades de formación dos/das estudantes coa colaboración con organizacións non gubernamentais. Os/as estudantes participarán en proxectos de conservación/investigación centrados na flora da Galiza. O/as participantes poderán escoller entre a actividade de traballos tutelados (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas dedicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 34 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuadrimestre. |
Estudo de casos | Os/as estudantes aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases de teoría e no laboratorio na realización de casos prácticos. Daranse instrucións detalladas para levar a cabo estes proxectos durante os seminarios. Asemade, os/as profesores/as empregarán as titorías para controlar a marcha dos traballos. O/a estudante poderá escoller entre a actividade de traballo tutelado (aprendizaxe-servizo) ou a realización do estudo de casos; é dicir, esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas dedicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 34 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuadrimestre. |
|